Queres un enderezo sonche.eu?

Ter unha identidade propia na rede non é tan sinxelo como podería ser. Rodeado de miles de nomes, alcumes, avatares… definir un único identificador non é tarefa fácil.

Desde sonche.eu ofrézoche un servizo de correo electrónico, mensaxaría instantánea, axenda, editor de textos, etc. baseado nas ferramentas de Google Apps para que poidas manter esa identidade que unifique a túa personalidade en internet.

Cubre o formulario e fai que o teu enderezo de correo electrónico sexa do tipo nome@sonche.eu. Se non queres usar os servizos de Google, podes reenviar as mensaxes a outro enderezo propio. Do mesmo xeito, se queres podes facer que http://nome.sonche.eu apunte á túa propia páxina web, blogue, foro…

P.D. O número de enderezos de correo é limitado e a xestión faise de xeito manual. Se non respondo nun par de días, reenvía de novo os teus datos. Tamén agradecería que devolveses o teu enderezo, se non fas uso del, para que outra persoa poda ter o propio.